O Coolpad Ivvi K1 Mini convértese no smartphone máis delgado do mundo cos seus só 4,7 mm
mércores, 4 de febreiro do 2015
Hai tres meses o Vivo X5 Max
destacaba por ter un grosor de 4,75 milÃmetros, converténdose no smartphone
máis delgado do mundo, e agora chega un novo terminal que quere arrebatarlle a
coroa, o
Coolpad Ivvi K1 Mini, que cun corpo de só 4,7 milÃmetros serÃa o smartphone
máis fino que podemos atopar no mercado.
Estamos ante un dispositivo bastante aceptable pese ao seu ridÃculo grosor,
funcionando cun procesador Qualcomm Snapdragon 410 de 4 núcleos e 64 bits
(posiblemente a chave para o grosor do terminal, xa que o seu reducido consumo
facilita o adelgazamento da súa baterÃa), 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento
interno, pantalla de 4,7 polgadas de alta definición, cámaras de 8 e 5 MpÃxeles
e incluso conectividade LTE, que ten o seu prezo fixado en 1.299 iuans (183
euros), polo que parece unha boa opción para os que queiran un terminal de gama
media que resulte rechamante polo seu factor de forma.