O Consorcio da Zona Franca busca atraer negocios a Vigo mediante un novo espazo web

xoves, 3 de xullo do 2014 Xosé María Fernández Pazos

O Consorcio da Zona Franca de Vigo presentou hoxe unha nova páxina web na que se recolle unha morea de información sobre a cidade e a súa contorna. A web Negocios en Vigo, na súa versión en español, e Invest in Vigo, na versión en inglés, está dirixida á promoción exterior da cidade.
A páxina inclúe todo tipo de datos sobre Vigo; dende unha descrición das súas infraestruturas, ata información cultural, turística ou empresarial. Conta con vídeos e numerosas fotografías e está pensada para que as empresas locais poidan utilizala nas súas presentacións no estranxeiro. José Ramón Ojea é o director de servizos avanzados do Consorcio.

PUBLICIDADE