O Concello de Narón promove o uso racional de dispositivos móbiles entre as novas xeracións
venres, 21 de xaneiro do 2022
O
Concello de Narón e a Asociación Ferrolana de Drogodependencias
(ASFEDRO) levarán a cabo nos vindeiros meses unha nova iniciativa
vencellada ao convenio que teñen asinado as dúas entidades e
centrada en promover un uso racional e produtivo das novas
tecnoloxÃas, concretamente dos dispositivos móbiles. Trátase da
campaña Conecta
coa vida, coordinada dende o Servizo Sociocomuntario de Narón e
que presentaron no Concello o edil de Sanidade, Santiago Galego, a
presidenta de ASFEDRO, Sari Alabau e Rebeca Graña, educadora
social da citada asociación.
Segundo
lembraron, Conecta coa vida é a fase final, á súa vez,
dunha campaña de sensibilización do uso de dispositivos móbiles,
que se levou a cabo baixo o lema Fóra de onda e na que
participou alumnado de cuarto da ESO do CPR Jorge Juan. Galego
recordou que un total de dezasete alumnas e alumnos implicáronse
nesta iniciativa no propio centro escolar, cunha liña de actuación
que xirou en torno a tres eixos: manexo de conceptos sobre
tecnoadicións, organización e planificación do proceso
creativo da campaña de sensibilización e produción, elaboración e
presentación do deseño. Vibranxeti, Vamping, Phubbing,
Nomofobia, Sexting e Hoax son os termos sobre os que se
fai especial incidencia nesta campaña, na que se explica en que
consisten e tamén que podemos facer para evitalos.
Este
mesmo mes comezará a repartirse a cartelerÃa da campaña Conecta
coa vida. O uso do dispositivo cun enfoque preventivo nos centros
de ensino de secundaria da cidade e nos locais de hostalerÃa que
habitualmente frecuentan en Narón as rapazas e rapaces tanto na zona
urbana como na rural. Asà mesmo, nestes establecementos tamén se
entregarán pousavasos para sensibilizar ao colectivo nos lugares que
frecuenta.