O Concello de Ames achegou axudas para a dixitalización do comercio local

mércores, 21 de agosto do 2019 Redacción

O Concello de Ames vén de aprobar o pagamento de máis de 36.000 euros en materia de subvencións para o fortalecemento do comercio local, exercicio 2017-2018. A finalidade destas axudas é a de favorecer a promoción e o desenvolvemento de actividades realizadas no seo das asociacións de comerciantes e profesionais do Concello de Ames (Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de comerciantes Palmira Bulevar). Entre os aspectos subvencionábeis figura o pulo á dixitalización.
Para a concesión das axudas tivéronse en conta dúas liñas de actuación. A primeira delas destínase a subvencionar as accións e proxectos destinados á promoción comercial de distinta índole sobre o mercado. A segunda liña de actuación vai dirixida a sufragar os gastos de infraestrutura e equipamento das asociacións (mellora de instalacións, adquisición de material mobiliario ou material funxíbel, software propio ou páxina web, etc.).

PUBLICIDADE