O Concello da Baña formará á veciñanza no uso e vantaxes da sede electrónica local
luns, 12 de agosto do 2019
Co
obxectivo de preparar á veciñanza nos cambios que se aveciñan e
que levan anos facéndose notar (a transformación da relación
veciñanza-administracións cara o tecnolóxico-dixital), o
Concello coruñés da Baña vai organizar un curso sobre sede
electrónica do municipio. Segundo informa o Goberno local, neste
obradoiro ensinarase aos participantes o funcionamento desta páxina
web na que se poden solicitar subvencións, pedir licenzas, consultar
e facer xestións durante as 24 horas do dÃa e dente calquera
dispositivo.
A
participación no obradoiro é de balde. O curso desenvolverase
durante o mes de setembro, estando aÃnda pendente de concretarse a
data definitiva. O prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de
setembro, na Casa do Concello da Baña ou chamando a algúns dos
seguintes números de teléfono: 981 886 777, 981 886 501, 682 859
367.
Segundo
informa o Concello acerca da sede electrónica local e das cousas que
permite facer de termos un nivel mÃnimo de formación dixital
requirido, a sede fai posÃbel todo tipo de trámites e operacións,
de maneira áxil, cómoda, segura e eficaz. E todo, engade o Goberno
local, coa vantaxe de permitir que esas consultas e xestións se
poidan facer as 24 horas do dÃa e dende o móbil, tableta e
computador.