O Cluster TIC Galicia manifesta o seu pesar polo pasamento de Dositeo Rodríguez

venres, 27 de marzo do 2020 S. P.

Os socios e a directiva do Cluster TIC Galicia queren amosar o seu profundo pésame polo pasamento de Dositeo Rodríguez, pai do presidente do Cluster, Antonio Rodríguez del Corral.
Dositeo Rodríguez foi conselleiro de Presidencia, presidente do Consello de Contas, deputado no Parlamento de Galicia, vicepresidente da Deputación da Coruña e figura senlleira da política galega, que faleceu hoxe no CHUS aos 84 anos a causa do COVID-19.
Dende o Cluster TIC Galicia queren recoñecer o rol de Dositeo Rodríguez como impulsor do uso das TIC na Administración galega, polo que merece o recoñecemento de parte da familia TIC galega.

PUBLICIDADE