O Celtic Media Festival recoñece a O Soño da Sultá como mellor filme de animación
martes, 4 de xuño do 2024
Cardiff, a capital de Gales, acolle esta semana a 45ª edición do Celtic Media Festival, certame internacional do sector audiovisual que promove a cultura e linguas dos paÃses celtas nos ámbitos do cinema, a televisión, a radio e os novos medios de comunicación, no que a CRTVG ten unha presenza activa e ao que acode con 14 candidaturas. Doce producións teñen o selo da canle pública (a pelÃcula O Corno é candidata en dúas categorÃas) mentres que a Radio Galega pode ser nomeada a Estación de radio do ano. Os galardóns iranse anunciando entre o 4 e o 6 de xuño.
- Montse Besada recolleu o premio ao mellor filme de animación
Outras producións candidatas aos premios son o filme de animación O soño da sultá, que esta tarde recibiu o premio á mellor pelÃcula de animación (superando a A Bear Named Wojtek, Fia’s Fairies e Woodbuds); os documentais MarÃa Casares, a muller que viviu mil vidas e Galegos D’Ouro; a serie Operación Marea Negra e o concurso escolar Pim Pam Experimenta. As candidaturas da Televisión de Galicia aos Premios Celtic Media Festival 2024 complétanse cos programas Galicia Bonita, Unha historia de crimes, Comisión de Festas, O mellor tractor do mundo, Coa luz do corazón e Ondas Novas.
No programa de traballo do festival, a xefa de Contidos da CRTVG, Montse Besada, intervirá como xurado na sesións de pitching de presentación de proxectos. Ademais, o mércores dÃa 5, MarÃa Sabucedo, xestora da nova plataforma dixital AGalega.gal, participará no panel dedicado á programación infantil e o consumo dixital de contidos Where are the kids? (Onde están os nenos?), en que se reflexionará sobre o abandono da televisión como canle para a programación infantil e xuvenil, o que nos medios públicos galegos se aborda coa ampliación da oferta para este público na plataforma Xabarin.gal.
Tráiler de O Soño da Sultá