O Carballo Interplay anuncia novos espectáculo e obradoiros

venres, 10 de marzo do 2023 Redacción

O Carballo Interplay, que terá lugar os días 29, 30, 31 de marzo e 1 de abril, segue anunciando novas actividades para a súa décima edición, que servirá coma homenaxe aos seus dez anos de experiencia. O festival contará ca presencia de vellos coñecidos coma David Sainz, Teresa Segura, Hematocrítico o Noel Ceballos, en formatos tan dispares coma un Código Fonte Audiovisual ou a gravación en directo dun podcast.
Tras o anuncio de numerosas actividades relacionadas co talento galego, nesta ocasión chega a quenda dos espectáculo e obradoiros, sempre relacionados ca industria cultural e dixital e con un toque nostálxico que reivindica os dez anos de experiencia e experiencias que acumula o Interplay.
En primeiro lugar, o venres 31 ás 20:00 gravarase en directo o podcast Nacho Martín Project Live. Esta actividade para nostálxicas con risas aseguradas consiste na análise, episodio a episodio, da coñecida serie Médico de familia, e gravarase con público por primeira vez no Carballo Interplay.
Os seus presentadores son Noel Ceballos, xornalista, escritor e redactor de cultura na revista GQ, Hematocrítico, escritor, humorista e autor de literatura infantil, e Nus Cuevas, compositora de BSOs, artista de video/motion 3D e especialista de contido en márketing. Farán un percorrido pola historia da familia do Doctor Martín e explicarán conceptos como “La guitarra del SIDA” ou “El tratamiento Chechu”.
Ao día seguinte, o sábado 1 de abril ás 19:00, xusto antes da Gala de entrega de premios, chega o Código Fonte Audiovisual de David Sainz e Teresa Segura. Un Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección no que se invita a alguén a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais que marcaron a súa cultura e a súa forma de entender o mundo.
Nesta edición, actuarán como curadores de contido David Sainz y Teresa Segura, dous vellos coñecidos do festival. David Sainz é actor, guionista e creador da webserie Malviviendo, mentres que Teresa Segura é produtora executiva e directora de todos os proxectos escritos por David na produtora Different Entertainment SL.
Neste Código Fonte Audiovisual ambos farán un percorrido audiovisual das películas, series e vídeos que marcaron a súa infancia e adolescencia ata chegar ao momento no que se coñeceron, hai 14 anos.
Ademais, nesta edición levarase a cabo o primeiro obradoiro de creación de memes da historia do festival. Nel reflexionarase sobre as posibilidades comunicativas e a capacidade de xerar unha lingua propia que teñen os memes. Repasaranse os usos que se fixeron á hora de xerar comunidades e transmitir mensaxes de xeito propagandístico, cifrado y humorístico.
Este obradoiro será impartido por Proyecto Una, unha colectividade millennial cuxo cometido é dar valor ás alianzas feministas forxadas ao calor dos píxeles. As creacións pasarán a formar parte do banco de memes oficial do Carballo Interplay.

PUBLICIDADE