O Campus de Ferrol envórcase hoxe coa industria intelixente
martes, 10 de xullo do 2018- O equiipo de Mint mostrando o funcionamento de Robobo nunha foto de José Pardo para La Voz
O Campus de Ferrol acolle
hoxe un encontro de investigadores, docentes, estudantes e empresas
coas novas tecnoloxías que revolucionan a industria, no camiño de
minimizar custes e optimizar recursos. Trátase
da Xornada de Innovación: aposta pola industria intelixente de
Ferrolterra, unha cita que tende pontes entre o mundo
empresarial e universitario e que servirá, entre outras cousas, para
presentar a Agrupación Estratéxica do Campus Industrial de Ferrol,
unha rede investigadores interdisciplinar para ir alén do conseguido
até agora en eficiencia e en sinerxías co tecido produtivo. A
agrupación será presentada ás 9.30 horas pola coordinadora da
rede, Anne Gosset.
A xornada inaugúrase ás
9.00 polo reitor Julio Abalde, xunto co secretario Xeral de
Universidades, José Alberto Díez de Castro, e a directora da
Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey Vilar.
Ás 9.45 é a quenda
dunha mesa redonda moderada por Natalia Barros, directora do Plan
Ferrol (IGAPE) e na que interveñen Salvador Naya Fernández,
vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia,
Rafael Suárez Pérez, director Navantia, Emilio Bruquetas, director
Reganosa, José Ramón Franco Caaveiro, da Asociación Empresarios
Ferrolterra, e Roberto Manuel Derungs, da Asociación Provincial de
Empresas Siderometalúrxicas – Comarca de Ferrol.
Ás 11:45 horas celébrase
outra mesa redonda: Ferrolterra: cara unha Industria Intelixente.
Modera Araceli Torres Miño, vicerreitora do Campus de Ferrol e
Responsabilidade Social, e conta coa presenza de María José Mariño
Fontenla, directora da Área de Centros da Axencia Galega de
Innovación (GAIN), Óscar Gómez, xerente da Asociación Cluster
do Naval Galego – ACLUNAGA, Pablo Rivera Somorrostro, presidente
Asociación TIC Ferrolterra, Cristóbal Dobarro Gómez, presidente da
Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal –
COFER, e Daniel Pena Agras, doutor Enxeñeiro Naval, catedrático da
UDC.
Ás 13.45 está previsto
presentar casos de éxito da man de Carlos Merino, director da UMI
UDC-Navantia, e Fran Bellas, enxeñeiro na spin-off Mint da
Universidade da Coruña, responsábel do desenvolvemento de Robobo,
un robot educativo que permite que os nenos programen e traballen
eficazmente (e dun xeito divertido) en todo de materias, como
matemáticas ou física, entre outras.