O Campus Industrial de Ferrol acollerá a presentación da novena edición da FIRST LEGO League Galicia

xoves, 23 de febreiro do 2023 Redacción

A sala anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle mañá, venres 24 de febreiro, ás 12:00 horas, a convocatoria de prensa de presentación da novena edición da FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia) que organizan a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol e o Campus Industrial da Universidade da Coruña baixo o paraugas da asociación ingeniera.soy.
O acto estará presidido pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla Fernández; a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao Rodríguez; o concelleiro delegado da Área de Cultura, Educación, Universidade, Deportes e Festas do Concello de Ferrol; Antonio Golpe Díaz; a directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares Pernas; o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, Andrés Piñón Pazos; e o coordinador da FLL Galicia, José Antonio Becerra Permuy.
A FIRST LEGO League Galicia terá lugar o vindeiro sábado 4 de marzo no Campus Industrial de Ferrol e, máis concretamente, na Escola Politécnica de Enxeñaría e na Facultade de Humanidades e Documentación. O Xogo do Robot disputarase no Pavillón de Esteiro e a entrega de premios levarase a cabo no Auditorio Municipal de Ferrol. Ao igual que en edicións anteriores, o evento conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, dependente da Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade, da Deputación Provincial da Coruña e do Concello de Ferrol.
Ademais, patrocina a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, Gadis, R Cable, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.

PUBLICIDADE