O COETTGA renova a súa páxina web co gallo da celebración do DÃa Internacional das Telecomunicacións
luns, 18 de maio do 2020
O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de
Telecomunicacións de Galicia (COETTGA) celebra o DÃa Mundial das
Telecomunicacións, da Sociedade da Información e da Internet poñendo en valor a
imprescindible labor dos telecos nos últimos meses e destacando algúns
dos fitos mais relevantes acadados polo Colexio no último ano. Destaca a
creación da demarcación galega, a
realización do primeiro ForoTelecos de Galicia e o encontro anual de
colexiados, acadar representación tanto na xunta directiva da Asociación Española
de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (AEGITT) como no consello
de decanos nacional.
Entre os obxectivos está sensibilizar sobre as posibilidades
do uso da Internet e de outras tecnoloxÃas da información e da comunicación
(TIC). O illamento puxo a proba a magnÃfica capacidade de resposta das telecomunicacións
para solucionar a demanda crecente e aÃnda queda moito por amosar. Os datos
falan por si sos.
Estas ferramentas poden ofrecer á sociedade e á economÃa
unha capacidade de mellorar a súa calidade de vida asà como favorecer a
rendibilidade e sustentabilidade das empresas. Asà mesmo, o COETTGA destaca a
necesidade urxente de reducir a fenda dixital que pon en evidencia a
desigualdade da sociedade e da xeografÃa galega.
O decano do COETTGA, José M. MartÃnez, lembra que «a
conectividade que prestan as telecomunicacións é tan importante como a
electricidade, o gas ou auga corrente, posto que se lle recoñeceron ás telecomunicación
o rango de servizo básico» engadindo que «de
non ser polos Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións e todo o
traballo, avances e investigacións que levamos feito nas últimas décadas, as
consecuencias desta pandemia global, xa terÃan provocado unha catastrófica ruptura
económica a nivel mundial e dos sistemas tal e como os coñecemos».
Aproveitando a celebración do DÃa Mundial das
Telecomunicacións, o COETTGA decidiu estrear
a súa nova páxina web, que tamén está na liña do DÃa das Letras Galegas ao
presentarse os seus contidos na nosa lingua.
- Nova páxina web do COETTGA