O BlackBerry Storm poderÃa converterse no iPhone para profesionais
mércores, 8 de outubro do 2008O vindeiro mes Vodafone
comercializará en case toda Europa o novo terminal BlackBerry Storm, que
destaca por acadar un equilibrio entre as funcionalidades corporativas dos
terminais de RIM e o uso multimedia de móbiles coma o iPhone.
O BlackBerry Storm
conta cunha pantalla multitáctil de 3,25 polgadas (a
máis grande dun terminal de RIM) cunha resolución de 480 x 360
pÃxeles que fai uso de tecnoloxÃa háptica no seu teclado virtual (ou sexa, que
se ten a impresión de premer as súas teclas mediante unha lixeira vibración).
Incluso podemos destacar que conta coas funcións de copiar e pegar ou o envÃo e
recepción de MMS que tanto se botan en falta no móbil de Apple.
O móbil incorpora unha cámara de 3,2 MpÃxeles que permite a gravación de vÃdeo,
inclúe unha tarxeta de memoria microSD de 1 Gb (soportando memorias deste tipo
de ata 16 Gb) e no tocante á reprodución multimedia, podemos facer uso de
auriculares con conector estándar de 3,5 milÃmetros ou con Bluetooth.
Completa o terminal a súa conectividade 3G con soporte de HSDPA e o seu
receptor GPS (para o seu uso con Google Maps, Find & Go ou para
xeolocalizar fotografÃas).
Frank H. Rovekamp, director de Marketing de Vodafone, presentando o BlackBerry Storm