O BlackBerry Presenter permite amosar documentos de PowerPoint dende o móbil
xoves, 7 de xaneiro do 2010
Para os usuarios de
terminais BlackBerry a xente de RIM desenvolveu un novo dispositivo que
facilita a realización de presentación multimedia dende o móbil, evitando asÃ
que teñan que cargar cun ordenador portátil para amosar os seus documentos de
PowerPoint en público.
O BlackBerry
Presenter é un dispositivo de 8,6 x 6 x 2,3 centÃmetros con
conexións USB e Bluetooth 2.0 e saÃdas de vÃdeo S-Video e VGA soportando
resolucións de 640 x 480, 800 x 600 e 1.024 x 768 pÃxeles, de xeito que as
presentacións de PowerPoint 2003 ou 2007 gardadas nun móbil BlackBerry poden
copiarse á memoria interna do Presenter para poder velas nun monitor
ou nun proxector de vÃdeo, controlando o proceso mediante Bluetooth, de xeito
que o móbil tamén actúa coma mando a distancia.
Cómpre destacar que están ante un produto destinado a un público moi
determinado, especialmente porque o
seu prezo de venda será duns 199 dólares, o que resulta bastante
elevado para a súa limitada utilidade.