O BlackBerry Pearl Flip 8220 estrea formato de cuncha

mércores, 10 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Este outono chegará ao mercado o novo BlackBerry Pearl Flip 8220, que sorprende por ser un terminal de RIM en formato de cuncha (cando o normal é que tivesen forma de tableta). O novo móbil inclúe conectividade 3G, GPRS, Wi-Fi e Bluetooth, conta cunha pantalla interna táctil de 320 x 240 píxeles (e outra externa de 128 x 160 píxeles) con sensores de luz para axustar automaticamente o seu brillo, cámara de 2 Mpíxeles (con gravación de vídeo), reprodución multimedia e un lector de tarxetas microSD de ata 16 Gb de capacidade. Tamén conta cun conector para auriculares de 3,5 milímetros (o que permite usar os nosos auriculares favoritos sen maior problema).
O terminal mide 10,7 x 6 x 1,5 centímetros e pesa 111 gramos e aparte das prestacións mencionadas tamén incorpora acceso a BlackBerry Maps, navegador web, mensaxería instantánea e outras características ás que os dispositivos de RIM nos teñen afeitos.

PUBLICIDADE