O BlackBerry Motion chega a España a un prezo de 469 euros

xoves, 15 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

Tras a súa presentación no mes de outubro, o smartphone BlackBerry Motion fíxose esperar moito para chegar aos mercados europeos, pero aos seareiros da marca que confíen en TCL (o seu fabricante actual) non lle van pór doada a decisión de compra, xa que este teléfono chega a un prezo moi elevado para as súas especificacións, xa que véndese a 469 euros.
Lembremos que o BlackBerry Motion é un smartphone con Android 7.1, pantalla Full HD de 5,5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 625, 4 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 256 GB), cámaras de 12 e 8 Mpíxeles, NFC, batería de 4.000 mAh, lector de pegadas dixitais, resistencia á auga, un grosor de 8,12 milímetros e un peso de 167 gramos, ou sexa, unhas características que corresponden a terminais de fabricación chinesa a metade de prezo, parecendo difícil de xustificar a diferenza de prezo polas aplicacións de BlackBerry preinstaladas que buscan converter o teléfono nun dispositivo que coide máis a seguridade que un terminal estándar.

Este smartphone da marca BlackBerry chega cunhas especificacións propias dun móbil chinés de gama media do ano pasado

PUBLICIDADE