O BeBook Neo chegará en febreiro con pantalla táctil e Wi-Fi
luns, 25 de xaneiro do 2010
Os lectores de
libros electrónicos continúan a mellorar en prestacións e reducindo o seu
prezo, e coma dispositivo moi competitivo comezará a venderse a partires do 25
de febreiro por 299 euros o BeBook
Neo, un dispositivo que opera cun procesador Freescale a 532 MHz (bastante
máis rápido que o dos seus competidores), que está baseado nunha pantalla de
papel electrónico de 6 polgadas cunha resolución de 800 x 600 pÃxeles), 512 Mb
almacenamento interno ampliable mediante tarxetas SD de ata 16 Gb, toma de
auriculares estándar e conectividade USB 2.0, que destaca por ter pantalla
táctil (fabricada por Wacom e que permite realizar anotacións e destacar
texto) e conectividade Wi-Fi.
O Bebook Neo ten unha baterÃa que tras 3 horas de carga permite a lectura
dunhas 7.000 páxinas, é compatible con multitude de formatos coma EPUB, PDF,
TXT, HTML, RTF, MOBI, CHM, PDB, JPG, PNG, GIF, BMP e TIFF, a
súa conectividade Wi-Fi permÃtelle acceder a distintas tendas de descargas de
e-books sà como a páxinas web coma Wikipedia, Google ou Twitter, mide
196 x 121 x 10,6 milÃmetros e pesa 298 gramos.
|
|