O Asus Transformer Prime mellora a súa resolución de pantalla
martes, 10 de xaneiro do 2012
- O Asus Transformer Prime TF700T en vivo
Esta semana chega a agardada actualización a Android 4.0 para
o Asus Transformer Prime, tablet que destaca por contar cunha base con forma de
teclado que tanto facilita a entrada de texto como incrementa a súa autonomÃa
cunha baterÃa adicional, pero non é a única novidade deste excelente tablet con
procesador de 4 núcleos nVIDIA Tegra 3, senón que durante o CES tamén
anunciaron unha versión mellorada do mesmo, que principalmente muda
a súa pantalla para conseguir unha impresionante resolución de 1.920 x 1.200
pÃxeles, o que é todo un logro para un panel de só 10,1 polgadas.
Este tablet, modelo TF700T, tamén mellora a súa cámara traseira (agora de 2
MpÃxeles) mentres que a cámara frontal continúa nos 8 MpÃxeles e modifica
lixeiramente o seu panel traseiro para corrixir certos problemas co GPS
detectados no seu modelo anterior. Chegará ao mercado no segundo trimestre do
ano.