O Asus Eee Keyboard sairá á venda en outubro

luns, 14 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Un prototipo do Eee Keyboard <a href="http://www.engadget.com/2009/03/03/hands-on-with-asus-eee-keyboard/">pódese ver estes días no CeBIT</a>A primeiros de ano Asustek presentou por distintas feiras o Eee Keyboard, un ordenador que podería entenderse coma un ultraportátil de baixo custo sen pantalla, ou sexa, un equipo que aparentemente estaría composto por un teclado como facían os ordenadores domésticos que tanto éxito tiñan a finais da década dos 80 (coma o Spectrum, o MSX ou o Commodore 64) e que confirman que sairá á venda en Europa e Norteamérica en outubro.
O Eee Keyboard funciona cun procesador Intel Atom a 1,6 GHz, 1 Gb de RAM, 16 ou 32 Gb de SSD, Wi-Fi N, Bluetooth 2.0, Ultra Wideband HDMI (unha interface que permitiría transmitir a imaxe sen fíos a un televisor ou monitor de alta definición, polo que parece ser un equipo óptimo para o salón), USB 2.0, saída VGA, saída HDMI e conexións para micrófono e auriculares.

PUBLICIDADE