O Archos 605 WiFi incorpora GPS

mércores, 23 de abril do 2008 Marcus Fernández

O impresionante reprodutor multimedia portátil de Archos, o 605 WiFi, que aparte de permitir a reprodución de música e vídeo tamén navega pola Internet co seu navegador Opera e que se vende con capacidades de 4, 30, 80 e 160 Gb, actualízase incluíndo o soporte de Adobe Flash 9 e Windows Media Video 9 e un receptor de GPS, polo que poderá empregarse coma navegador.
A incorporación de Flash 9 e WMV9 é unha mellora que poderán obter tamén os posuidores do reprodutor actual (actualizando de balde o seu firmware), pero o GPS (que tamén se poderá adquirir por separado) resulta unha prestación máis que atractiva, xa que o Archos 605 WiFi conta cunha pantalla táctil de 4,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles que o converte nunha alternativa válida para o seu uso no automóbil, bastante superior a outros terminais que tamén buscan tal integración (coma móbiles).

PUBLICIDADE