O Apotop DW09 facilita acceder por Wi-Fi a memorias USB e tarxetas SD
luns, 22 de abril do 2013
Cando estamos en mobilidade non son poucas as ocasións na que
temos a necesidade de visualizar contidos almacenados en tarxetas de memoria e
unidades USB, algo que está vedado para dispositivos con iOS como o iPhone e o
iPad, de aà que presenten solucións como o Apotop
DW09, un pequeno accesorio (mide 60 x 50 x 25 milÃmetros) que integra
lector de tarxetas de memoria SD/SDHC/SDXC, porto USB e Wi-Fi, de xeito que
permite compartir por Wi-Fi con ata 3 dispositivos móbiles os ficheiros
almacenados en memorias externas valéndose dunha aplicación
para iOS dispoñible de balde na App Store, que permite acceder a
documentos, música, fotografÃas e vÃdeo, sendo incluso compatible con AirPlay
para poder amosalos nun Apple TV.
Este dispositivo aliméntase por USB, pero tamén integra unha baterÃa recargable
interna, para poder empregalo en case calquera momento e lugar. O seu
prezo é de 79,99 dólares (61,30 euros).