O Air Guitar Rocker permítenos emular no aire aos nosos guitarristas favoritos

mércores, 7 de maio do 2008 Marcus Fernández

Os afeccionados aos xogos de Guitar Hero poden emular ás estreas da música rock diante das súas consolas mediante unha guitarra de xoguete, mentres que moitas outras persoas se conformaba en imitar aos seus guitarristas favoritos tocando instrumentos imaxinarios no que xa é todo un fenómeno coñecido coma air guitar. Agora, combinar estes dous mundos é posible, e está comezando a chegar ás tendas norteamericanas (principalmente grandes superficies) o Air Guitar Rocker, que é un dispositivo composto por 1 fibela de cinto, 2 púas, 1 mini-amplificador (alimentado por 3 pilas AA), 1 cartucho con 10 cancións precargadas e un cable, de xeito que o seu usuario pode xogar a imitar que toca temas famosos do Guitar Hero (coma Iron Man, Smoke on the Water ou You Really Got Me) e outros orixinais deste dispositivo sen precisar de consola nin instrumentos físicos, podendo interpretar os temas no aire.
Nas tendas tamén venderán cartuchos con novos temas musicais para engadir diversión a esta experiencia sen precedentes. O prezo de venda deste orixinal xoguete é de 29,99 dólares (19,45 euros).
Para entender mellor o funcionamento do Air Guitar Rocker podemos ver o seguinte video-titorial:

PUBLICIDADE