O Acer Liquid Mini vÃstese de Ferrari
martes, 6 de setembro do 2011
A xente de Acer
parece que colleulle o gusto a vestir os seus produtos coa marca Ferrari, e o
último trebello en pintarse de vermello e lucir o cavallino rampante é o teléfono Acer Liquid
Mini, que estrea Ferrari Edition,
tanto na súa aparencia externa como cunha serie de contidos precargados (tons
de chamada, fondos de escritorio e unha aplicación que facilita o acceso á
páxina de Facebook de Ferrari e ás súas contas de Twitter).
O móbil ten un procesador a 600 MHz, 512 Mb de RAM, pantalla de 3,2 polgadas,
cámara de 5 MpÃxeles, unha tarxeta microSD de 8 Gb, sistema operativo Android 2.3
e, para completar o produto, un auricular Bluetooth a xogo.
Polo momento non se anunciou a data nin o prezo no que poderemos ver este
terminal nas tendas.