Numerosos blogueiros gastronómicos daranse cita na Coruña a vindeira fin de semana

martes, 17 de setembro do 2019 Marcus Fernández

O vindeiro sábado desenvolverase a IX Xuntanza de Bloggers Gastronómicos de Galicia, encontro ao que acudirán medio cento de persoas, que daranse cita no emblemático local na rúa Galera de Bonilla a la Vista, comezando así a fin de semana gozando dun chocolate con churros. No céntrico establecemento será onde repartirán as acreditacións deste encontro de blogueiros.
Dentro desta xornada tamén está confirmado un aperitivo no NH Collection A Coruña Finisterre, no que presentarán o novo produto estrela de Vermú Petroni, o Bitter de Albariño Petroni, elaborado cunha selección de uvas dos Viñedos Rosalianos do Pazo Arretén.
O encontro será toda a fin de semana, e confía en contar coa presenza de numerosas empresas e cociñeiros, que atenderán a blogueiros gastronómicos principalmente galegos, aínda que tamén contarán con presenza de blogueiros procedentes de Asturias, Gran Canaria e EE.UU.

PUBLICIDADE