Novos procesadores de catro núcleos para servidores de AMD
xoves, 13 de novembro do 2008AMD presentou
os seus novos procesadores Opteron de catro núcleos fabricados en 45
nm, que baixo o nome chave de Shanghai
buscan plantarlle cara a Intel no sector dos servidores, pois está nova
xeración de equipos incrementan a súa caché de terceiro nivel de 2 a 6 Mb, o
que os dotarÃa dun rendemento un 35% superior.
Os novos chips tamén permitirÃan un consumo ata un 35% inferior en condicións
normais, serÃan compatibles con memoria DDR2-800 e serÃan compatibles cos
actuais Socket-1207. Os novos AMD Opteron de catro núcleos cun consumo de 75 W xa
se poden adquirir en velocidades de entre 2,3 e 2,7 GHz, agardándose novos
modelos de 55 e 105 W para o primeiro trimestre de 2009.
Os avances destes novos procesadores para servidores tamén saltarán aos equipos
de escritorio en 2009 na plataforma AMD Dragon
que combinará os novos AMD Phenom II X4 de catro núcleos co chipset AMD 700 e
as tarxetas gráficas ATI Radeon HD 4000.