Novos móbiles Nokia Supernova
venres, 27 de xuño do 2008
Nokia
presentou hoxe 4
novos terminais baixo o selo Supernova
que responden aos modelos 7210, 7310, 7510 e 7610 e que pretenden responder á
necesidade dos consumidores a expresar o seu estilo persoal a través de
distintos deseños de móbil (os terminais, agás o 7210, teñen carcasas intercambiables
Xpress-On). Estes novos móbiles mesturan varias cores no seu deseño, polo que
resultan bastante orixinais e rechamantes.
O Nokia 7610 Supernova conta con carcasas vermellas ou azul aceiro, conta coa
posibilidade de capturar calquera cor para poder aplicala ao seu fondo de
pantalla e mesmo á tecla de iluminación. Inclúe unha cámara de 3,2 MpÃxeles cun
flash con dobre LED, teclado deslizante, reprodutor de MP3, radio FM e acceso á Nokia Music Store.
Venderase a partir do 3º trimestre do ano a 225 euros.
O Nokia 7510 Supernova é o único modelo desta nova serie que ten formato de
cuncha, conservando a aposta cromática dos outros terminais. A súa cámara é de
2 MpÃxeles con flash LED, inclúe unha tarxeta microSD de 512 Mb, recibe radio
FM, reproduce MP3, pode acceder a Nokia Maps 1.2 e soporta A-GPS. Sairá á venda
no 4º trimestre do ano a 180 euros.
O Nokia 7310 Supernova recupera o formato de pastilla, conta con carcasas Xpress-On moi rechamantes (con
atrevidas texturas 3D), cámara de 2 MpÃxeles, saÃda de televisión, radio FM con
RDS e reprodutor de MP3. Venderase nos vindeiros dÃas a uns 155 euros.
E, finalmente, o Nokia 7210 Supernova é o terminais máis baixo da gama, que se
venderá a partir do 3º trimestre do ano por 120 euros, o que non impide que
conte cun deseño elegante, unha cámara de 2 MpÃxeles e un lector de tarxetas microSD
para almacenar ata 2 Gb de música e vÃdeos.