Novos auriculares sen fíos de Shure

venres, 5 de novembro do 2021 Marcus Fernández

A reputada marca de produtos de son Shure ten unha pequena presenza no cada vez máis forte mercado dos auriculares sen fíos aos que agora achega os seus novos Aonic Free, uns auriculares ­in-ear que incorporan tecnoloxía Sound Isolating (que bloquea o ruído) e prometen un son potente nun formato pequeno.
Os auriculares Shure Aonic Free ofrecen un axuste ergonómica e botóns de control táctil para facilitar a escoita. Os auriculares ofrecen son claro con graves profundos, ecualización personalizable e unha autonomía de 7 horas que poden ampliarse até as 21 horas co seu estoxo de carga.
Aínda que o bloqueo do ruído sexa un dos detalles que coidan estes auriculares, tamén conta con modo ambiente para poder escoitar o mundo exterior sen ter que quitar os auriculares con só premer un botón. Os auriculares integran amplificadores de alta gama compatibles con codecs como AAC, SBC e incluso Qualcomm aptX, comunicándose con outros dispositivos a través de Bluetooth 5.
Chegan ao mercado a un prezo de 199 euros.

Vídeo promocional dos auriculares Shure Aonic Free

PUBLICIDADE