Novos auriculares sen fíos de Creative ideais para xogar no ordenador

venres, 17 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Creative Technology anunciou esta semana uns novos auriculares con micrófono Sound Blaster Tactic·D Rage Wireless, ideais para o seu uso dende ordenadores PC e Mac, por permitir unha cómoda reprodución sonora sen fíos sen retardo (a transmisión realízase sen compresión) cunha sensación envolvente 7.1 que resulta especialmente atractiva para o uso de videoxogos (mellorando a sensación de inmersión nos mesmos) e que incluso conta con iluminación LED personalizable (para elixir a cor que combine mellor co noso estilo).
Estes auriculares tamén contan con control de volume no casco, batería recargable por USB cunha autonomía de ata 16 horas e un prezo de 99,99 euros. Chegará ás tendas en poucos días, contando tamén cunha versión con cable USB que ten un prezo 20 euros inferior.

PUBLICIDADE