Novos altofalantes envolventes de Logitech

mércores, 9 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Os usuarios que queiran gozar dunha boa reprodución sonora para películas, xogos e música, sen pagar un prezo excesivo, poden botar un ollo ao novo sistema de altofalantes de Logitech Z906, que están á venda por 349 euros, contan con certificación THX, soportan son envolvente 5.1 e DTS (así coma estéreo 3D, ou sexa, simulando son envolvente partindo de 2 canles de audio), teñen unha potencia de 500 vatios (RMS), e poden conectarse a numerosos dispositivos, polo que resultan válidos para o PC, reprodutores de DVD/Blu-ray ou consolas de videoxogos.
O Logitech Speaker System Z906 conta con entradas analóxicas e dixitais, consola de control dixital doada de ler e instalar e un mando a distancia que facilitan o seu control.

PUBLICIDADE