Novos Acer Aspire Gemstone Blue

xoves, 13 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Acer estrea unha nova xeración da súa familia de portátiles Aspire Gemstone, que desta volta se coñecen coma Gemstone Blue, respondendo así ó seu acabado azulado (moi visible grazas á retroiluminación dalgunha das súas teclas) como pola presenza de lector de discos Blu-ray.
Os novos portátiles se venden con pantallas de 18,4 e 16 polgadas con resolución de ata 1.080p (alta definición), procesadores Penryn e traxeta gráfica NVIDIA 9650m GS, ou sexa, uns equipos de alta gama que se venderán a prezos de entre 900 e 1.500 euros segundo a configuración.
Para tirar proveito da multimedia, os novos equipos integran unha zona táctil coñecida coma Cinedash con controis precisos de son e imaxe, que son o detalle definitorio dos Gemstone Blue.

O Cinedash destaca nos novos Gemstone Blue

Non só achega unha imaxe excelente nás súas pantallas de alta definición cun tempo de resposta de 8 milisegundos e un brillo de 300 cd/m2, senón que tamén proporciona unha calidade de son moi elevada con tecnoloxía Dolby Home Theater (e mesmo con saída de son 5.1 real).
Os equipos pesan entre 3,5 e 4,1 quilogramos, teñen unha autonomía de entre 2,5 e 3 horas e mesmo permiten a instalación de 2 discos duros de 320 Gb no seu interior.
Esta nova gama de portátiles se estrea con dous modelos:

- O 6920G, con pantalla de 16 polgadas con resolución de 1.920 x 1.080 ou 1.366 x 768 píxeles, tarxeta NVIDIA GeForce 9500M GS con 512 Mb de memoria dedicada, disco duro de 320 Gb e unidade de Blu-ray.

- O 8920G con pantalla de 18,4 polgadas a 1.920 x 1.080 píxeles, tarxeta de vídeo GeForce 9500M GS ou 9650M, unidade Blu-ray a 2X e ata 2 discos duros de 320 Gb.

PUBLICIDADE