Novo teclado con touchpad de Logitech

mércores, 10 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Os usuarios que gusten de utilizar o ordenador como centro multimedia están encantados de recibir nos seus fogares o novo teclado Logitech Wireless Touch K400, que combina integra un panel táctil de 9 centímetros que serve para controlar o punteiro do ordenador coma se fose un rato, comunícase a unha distancia de ata 10 metros grazas a un receptor Logitech Unifying incluído, é plug and play e funciona cunhas pilas que é capaz de aproveitar durante uns 12 meses, polo que os usuarios non deben preocuparse da súa autonomía. O seu prezo de venda é de 39,99 euros e estará dispoñible en breve (aceptándose xa pedidos a través da páxina web do seu fabricante, onde ofrecen portes de balde para un envío ordinario).

PUBLICIDADE