Novo tablet con Android 4.0 e pantalla de 8 polgadas de Energy Sistem
martes, 31 de xullo do 2012
O vindeiro 23 de agosto Enery Sistem vai pór á venda o seu
novo dispositivo Energy
Tablet i8, un tablet con Android 4.0 e pantalla de 8 polgadas cunha
resolución de 1.024 x 768 que pode resultar atractivo por ter un prezo oficial
de 185 euros.
Este tablet funciona cun procesador ARM Cortex A8 a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 64 Gb),
Wi-Fi N, cámaras de 2 e 0,3 MpÃxeles, USB, HDMI (para amosar imaxes a 1.080p no
televisor), baterÃa de 3.800 mAh (o que permite unha autonomÃa de ata 6 horas
de navegación web), soporte para modem 3G USB, unhas medidas de 209 x 164 x 10
milÃmetros e un peso de 491 gramos.
Este novo dispositivo inclúe no seu paquete auriculares intrauditivos, cable
USB 2.0 para conectar co PC, cable USB-HOST para conectar dispositivos USB
externos, adaptador de corrente, pano para limpar a pantalla e incluso unha
funda de transporte, polo que é unha solución bastante completa, aÃnda que o
seu prezo pode parecer un tanto elevado se temos en conta que sae un mes antes
da chegada ao noso mercado do Nexus 7, produto cun prezo moi semellante, pero
cunhas prestacións moi superiores.
- O tablet inclúe accesorios como auriculares e funda de transporte