Novo sistema de almacenamento en rede con soporte de BitTorrent

martes, 24 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O D-Link DNS-323 é un novo dispositivo de almacenamento en rede que permite incorporar no seu interior 2 discos duros SATA de 3,5 polgadas instalables sen utilizar ningunha ferramenta nin conectar cables, e que mantén os datos almacenados protexidos mediante tecnoloxía RAID 1.
Ademais, o dispositivo é compatible cos protocolos FTP, UPnP AV, servidor iTunes e servidor de impresoras, polo que é unha solución moi interesante para compartir contidos multimedia en contornos domésticos e corporativos que destaca por incluír de serie un cliente de BitTorrent, o que permite descargar ficheiros de redes P2P sen a necesidade de ter o PC acendido durante a descarga.
Pese ás súas prestacións, o seu prezo non é moi elevado (uns 200 dólares).

PUBLICIDADE