Novo router de Linksys con servidor multimedia
mércores, 24 de xuño do 2009
Tras o éxito do
router WRT54GL, que practicamente é un estándar mundial neste tipo de
dispositivos pola súa versatilidade, Cisco presenta un novo trebello con
vocación de sucedelo, o Linksys
WRT160NL, que tamén funciona co sistema operativo Linux, soporta
redes sen fÃos IEEE 802.11n, ten un procesador a 400 MHz, conta con 32 Mb de
DDRAM e 8 Mb de memoria Flash, ten 2 conectores de antena (permite que os
usuarios máis esixentes cambien as antenas que inclúe de serie), integra un
servidor multimedia UPnP AV e conta cun porto USB 2.0 para conectar un
dispositivo de almacenamento externo para compartilo en rede ou servir contidos
multimedia dende o mesmo, soportando
que estea formatado cos sistemas de ficheiros FAT16, FAT32 ou NTFS.
Este novo router chega estes dÃas ás tendas a un prezo aproximado de 99 euros.