Novo reloxo deportivo de Garmin

venres, 28 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Os amantes do deporte teñen agora un novo reloxo de pulso de Garmin para facilitarlle o rexistro dos seus adestramentos, para manter a súa motivación e poder comprobar os seus progresos, sen chegar a dispositivos especialmente avanzados e de elevado prezo, pois o Garmin FR70 é un reloxo deportivo que realiza un seguimento dos tempos, da frecuencia cardíaca e das calorías queimadas, compatible con dispositivos ANT+, que incluso pode empregarse en combinación cunha báscula de análise corporal Tanita BC-1000 (almacenando as súas lecturas no reloxo para logo envialas posteriormente a Garmin Connect (grazas á sincronización sen fíos do FR70 co PC/Mac).
Este novo reloxo chegará ao mercado no mes de novembro en versións para home e muller a un prezo de 139 euros, no que parece un lanzamento pensado na tempada de Nadal.

PUBLICIDADE