Novo receptor de televisión móbil de Motorola
xoves, 27 de marzo do 2008
Motorola anunciou un novo reprodutor portátil de televisión móbil
baixo o estándar DVB-H (que vén de ser recoñecido coma oficial en Europa), o
Motorola DH02, que
tamén incorpora un receptor GPS (complementado por mapas de Tele Atlas), canle
de retorno a través de HSDPA/GPRS (para contidos interactivos) e unha pantalla
táctil con resolución WQVGA con función de xiro automático.
O dispositivo tamén se pode empregar para acceder
a contidos de vÃdeo, música e imaxes a través de tarxetas microSD e conta
cunha memoria intermedia que pode almacenar ata 5 minutos de emisión televisiva
para poder empregar funcións de time shifting.