Novo rato táctil redondo de Asus
mércores, 27 de outubro do 2010
Nunha aposta un tanto
arriscada, chega ao mercado o rato
Asus WX-DL, que destaca tanto pola súa aparencia redonda como por
incorporar unha superficie óptica táctil na liña do Magic Mouse de Apple. Este
rato ten un sensor láser cunha sensibilidade de 1.200 puntos por polgada,
funciona sen fíos na banda dos 2,4 GHz, é capaz de recoñecer xestos sinxelos,
conta con botóns táctiles multimedia na súa parte central e é compatible con
sistemas operativos dende Windows 2000 ata Windows 7, estando dispoñible en
tendas en liña por 80 dólares (58 euros).
Pese a que as superficies
táctiles sexan unha tendencia actual, a forma redonda podería ser un importante
atranco para este dispositivo, xa que o seu deseño diferente estaría a xogar na súa contra por ter unha ergonomía
claramente deficiente, o que xa demostrou no seu día Apple cos ratos redondos (comercializados
cos primeiros iMac), que foron paulatinamente eliminados pola súa incomodidade.