Novo rato altamente personalizable
martes, 24 de marzo do 2009- O OCZ Eclipse permite incluso axustar o seu peso
OCZ Technology
lanzou un
par de novos ratos con cable pensando en xogadores de PC, dos que
destacamos o OCZ
Eclipse, que é un rato láser con memoria integrada que permite a súa
programación para o uso de atallos programados dos que podemos gardar varios
perfÃs distintos. O rato é moi cómodo e ergonómico, o seu peso é axustable
mediante a colocación de 4 pesos metálicos, e incluso a súa sensibilidade pode
axustarse en vivo a través dunha
aplicación software que deixa cambiar entre os 100 e os 2.400 puntos por
polgada (para adaptalo a distintas velocidades en contornos de xogo).
AÃnda non ten un prezo fixado e unha data de lanzamento, pero supomos que
chegará ás tendas en breve, resultando realmente agradable ver cómo un
dispositivo que nun principio parecerÃa algo limitado, dá tantas posibilidades
de personalización.