Novo proxector de tiro ultra curto de Ricoh
martes, 15 de outubro do 2024
As salas de xuntanzas das empresas teñen agora un novo proxector de vÃdeo láser de tiro ultracurto a ter en conta, que chega da man de PFU, o Ricoh PJ UHL3660 UST, que ofrece resolución 4K, un brillo de 6.500 lumenes e tecnoloxÃa OptiBright para ofrecer imaxes nÃtidas e claras con cores vivas incluso en espazos con moita iluminación.
Este proxector pode montarse de diferentes xeitos (incluso en vertical e con rotación de 360 graos), incorpora unha grande variedade de funcións de corrección de imaxe trapezoidal e xeométrica para adaptarse a diferentes superficies. O proxecto pode manexarse sen fÃos dende un ordenador ou dende un smartphone.
Este robusto proxector, capaz de funcionar constantemente a temperaturas de até 45 graos e cun deseño a proba de po (IP6X), ten unha proxección ultracurta de 0,24 que crea unha imaxe de 85 polgadas a só 1 centÃmetro de distancia e pode proxectar unha imaxe de até 160 polgadas.
Estamos ante un produto orientado a salas de xuntanzas, pero que tamén pode resultar ideal para tendas, museos e calquera outro lugar onde o público poida atoparse preto de superficie de proxección, grazas ás bondades da tecnoloxÃa de tiro ultra curto.
VÃdeo promocional do novo proxector de tiro ultra curto de Ricoh