Novo programa de axudas para a creación de emprego de base tecnolóxica

luns, 14 de agosto do 2017 Redacción

Coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica en Galicia a Xunta vén convocar un programa de incentivos para o ano 2017 dirixido a iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), de xeito que as empresas previamente cualificadas poderán solicitar axudas á creación directa de emprego estable, á contratación de persoal técnico de alta cualificación e ao inicio e posta en marcha da actividade.
As iniciativas que poden concorrer a estas axudas e subvencións terán que estar previamente cualificadas e estar rexistradas como IEBT, sendo subvencionables as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017.
Esta convocatoria de axudas recibiu a aprobación o pasado 20 de xullo, cando se estableceron as súas bases reguladoras, goza do cofinanciamento do Fondo Social Europeo e poderán presentarse solicitudes a este programa até o 30 de setembro, resolvéndose nun prazo de 3 meses.

PUBLICIDADE