Novo portátil reforzado de Panasonic

xoves, 25 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Panasonic estrea unha nova liña de portátiles reforzados entre os que destaca o Toughbook F8, que se trata dun equipo con procesador Intel Core 2 Duo a 2,26 GHz, 1 Gb de RAM, 160 Gb de disco duro resistente a golpes, DVD, pantalla de 14,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, Wi-Fi, Bluetooth e 3G opcional.
O equipo mide 25,15 x 32,5 x 2,5-4,8 centímetros, pesa 1,7 quilos (bastante pouco para un portátil destas características) e funciona co sistema operativo Windows Vista (con opción de Windows XP). A súa autonomía é de 6 horas aproximadamente e conta coas resistencia doutros modelos Toughbook de Panasonic: chasis aliaxe de magnesio, teclado resistente a molladuras e conectores internos flexibles.
Este resistente portátil sairá ao mercado en novembro, e virá acompañado polos modelos Toughbook W8 e T8, que teñen unha pantalla de só 12,1 polgadas o que permite engadirlle 1 hora á autonomía da súa batería.

PUBLICIDADE