Novo portátil inspirado no MacBook Air

luns, 17 de agosto do 2009 Marcus Fernández

A cadea de tenda británica Dixons está a preparar o lanzamento dun equipo informático portátil que compita en formato co MacBook Air de Apple e que venderían baixo a súa marca Advent (comercializada en España a través de PC City). Este equipo de carcasa metálica chamaríase Altro e venderíase por 600 libras esterlinas (696,66 euros), o que sería preto da metade do que custa o mencionado equipo de Apple (1.149 libras en Reino Unido e 1.349 euros en España nos seus modelos máis básicos).
Estes equipos funcionarían cun procesador Celeron de dobre núcleo e ultra-baixo voltaxe, 3 Gb de RAM, 120 Gb de disco duro, pantalla de 13,3 polgadas, Wi-Fi, Bluetooth, USB, toma de auriculares e saída HDMI.
Tamén estará dispoñible o Advent Altro Elite, que é unha versión do equipo cun procesador Core 2 Solo e cunha pantalla mellorada, que custará 80 libras (928,88 euros). Ambos equipos poranse á venda no Reino Unido o vindeiro día 24, e incluirán Windows Vista preinstalado, cunha actualización de balde a Windows 7 incluída.

PUBLICIDADE