Novo ordenador todo-en-un de Toshiba

mércores, 28 de setembro do 2011 Marcus Fernández

O equipo ten unha pantalla de 23 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles

Toshiba está a ampliar a súa familia de ordenadores todo-en-un co novo Toshiba FX735, un equipo con pantalla de alta definición multi-táctil de 23 polgadas, con altofalantes de alta calidade, e coa posibilidade de sintonizar televisión, ver películas en DVD e gozar de videoxogos, todo nun espazo bastante reducido que fan que sexa unha opción moi interesante para o fogar ou un dormitorio, por ser unha solución multi-propósito moi compacta.
No que a prestacións se refire, estamos a falar dun equipo con procesador Intel Core i5/i7, 4 Gb de RAM, 1 Tb de disco duro a 7200 rpm, un porto USB 3.0 (coa opción de Sleep & Charge), 4 portos USB 2.0, gravador de DVD e teclado e rato Bluetooth. O seu acabado é en negro brillante e porase á venda nos EE.UU. o vindeiro 2 de outubro a un prezo que parte de 956,99 dólares (707,22 euros).

PUBLICIDADE