Novo número da nosa edición impresa
xoves, 8 de agosto do 2024
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á Cidade das TIC e a súa folla de ruta, que inclúe un revolucionario estudio inmersivo (CEI) financiado pola Deputación da Coruña. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O Goberno executa este ano 19,4 millóns para estender a banda larga ao conxunto de Galicia
– Minia Manteiga, investigadora do CITIC, nova presidenta da Sociedade Española de AstronomÃa
– Enredando Tour comezou unha xira de capacitación dixital de persoas maiores por 20 localidades
– CIES axuda ás administracións a afrontar os seus principais desafÃos en ciberseguridade
– Até 34 pemes reciben axudas de GAIN para mellorar a súa capacidade innovadora
– A Xunta impulsa un innovador sistema que facilitará e mellorará a xestión da biodiversidade
– A AMTEGA e FEGAUS colaboran para formar a persoas maiores no uso da banca dixital
– Abre o prazo para solicitar as axudas para mellorar a conectividade dos polÃgonos
– Alento asesorará de balde a 30 proxectos en mercadotecnia e comunicación
– UVigo e CESGA organizan en setembro o principal cumio mundial sobre criptografÃa cuántica
– Os concellos comparten detalles dos seus novos proxectos de ciberseguridade
– Santiago renova con tecnoloxÃa LED e intelixente as súas luminarias
– O Goberno tomará medidas para evitar os calotes telefónicos
– A SecretarÃa de Lingua e a USC dan continuidade a Neofalantes.gal
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Gaming Troop e o Concello de Pontevedra ultiman os detalles da 3ª Lérez Up