Novo número da nosa edición impresa

martes, 26 de outubro do 2021 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da XIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, ao Congreso XoveTIC organizado polo CITIC e á última edición de XGN R Encounter. Tamén abordamos os seguintes temas:
– GaliciaTIC volveu facer historia cunha nova edición do foro tecnolóxico galego por excelencia
– A operadora R mostra experiencias tecnolóxicas de éxito nunha nova edición da súa xornada
– A AMTEGA impulsa novas actuacións para fomentar o talento dixital e formar novos perfís TIC
– Medio centenar de funcionarios participan no Curso Superior de Ciberseguridade CIBER.gal
– Boeing e FIRST inauguran en Ourense a primeira Aula Newton permanente de España
– O CPETIG celebrou con éxito de participación a nova xornada de Iuristicgal
– Unirisco investirá máis de 100.000 euros en InVerbis (CiTIUS)
– A ferramenta Galicia Nomeada de Política Lingüística xa ten 2.236 colaboradores rexistrados
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Entrevistamos a Darío Janeiro, director xeral de Puntogal
– Achegámonos aos novos mundos virtuais que xera o proceso de dixitalización galega

PUBLICIDADE