Novo número da nosa edición impresa

mércores, 25 de novembro do 2020 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia e á posta en marcha do Centro de Intelixencia Artificial de Ourense. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O Carballo Interplay entregou o palmarés da súa edición máis virtual
– O CITIC da UDC obtén financiamento da Xunta para desenvolver proxectos anti-COVID
– Nove de cada dez fogares galegos conta xa con servizo de Internet
– Avanza o plan de mellora do servizo móbil no rural a través dunha consulta pública
– O OPV máis avanzado de España realiza as súas probas finais no Polo Aeroespacial de Galicia
– Política Lingüística segue adiante coa súa celebración do labor científico en lingua galega
– Gradiant fai balance dos seus 13 anos achegando ás empresas recursos de competitividade TIC
– Activage culminou o seu piloto xerando tecnoloxías eficaces para o envellecemento saudábel
– A Fundación Carlos Casares convoca un concurso para crear un videoxogo sobre a obra do escritor

PUBLICIDADE