Novo móbil de Sony Ericsson capaz de subir as súas gravacións de vÃdeo a YouTube
martes, 9 de setembro do 2008Sony Ericsson
presentou o móbil G705, que será un dos seus principais lanzamentos para o
último trimestre do ano, e que inclúe unha pantalla de 2,4 polgadas (que rota
os seus contidos grazas a un acelerómetro e ten unha resolución de 240 x 320
pÃxeles), unha alta conectividade (GPS cuatribanda, HSDPA, Wi-Fi e Bluetooth
A2DP), aGPS que se pode utilizar combinado co servizo Google Maps para móbiles,
sintonizador de radio FM, cámara de 3,2 MpÃxeles (con flash LED) e lector de
tarxetas M2 (inclúe unha de 1 Gb).
Pero parece que o software do Sony
Ericsson G705 é o seu punto forte, pois aparte de acceder a Google
Maps, tamén inclúe o Wayfinder Navigator (cunha licenza válida por 3 meses) e
mesmo é
capaz de subir directamente a YouTube os vÃdeos gravados coa súa
cámara dixital. Tamén inclúe un lector de fluxos RSS e un navegador de páxinas
web (con soporte completo de HTML).
O terminal mide 95 x 47 x 14,3 milÃmetros, pesa 98 gramos, venderase en cor
dourada ou negra e a súa autonomÃa é de 400 horas en espera e 10 en conversa
(baixo redes GPS) ou de 350 horas en espera e 4 en conversa (baixo redes 3G),
mentres que coa videochamada a súa baterÃa é capaz de durar 3 horas.