Novo mando para iPhone con licenza de PlayStation

xoves, 28 de xullo do 2022 Marcus Fernández

Gozar de xogos de consola a través de dispositivos móbiles é unha tendencia cada vez máis presente, e atendendo á mesma presentan un novo accesorio para iPhone con licenza oficial de Sony: o Backbone One: PlayStation Edition. Trátase dun engadido para os móbiles de Apple que engádelles un sistema de control inspirado no mando DualSense de PS5 en funcionalidade e estética.
A intención deste accesorio é moi clara: busca facilitar que os usuarios de consolas de Sony que fagan uso do xogo remoto dende o iPhone poidan contar con controis físicos, podendo así levar o xogo de consola a calquera recuncho do fogar ou incluso ao exterior.
O Backbone One tamén é compatible cos xogos da App Store e outros servizos de xogo en streaming que admitan controis físicos, e venderase por 119,99 euros, o que iría na liña doutros mandos semellantes como os Razer Kishi, aínda que existen alternativas moito máis económicas e tamén hai solucións baseadas en mandos de consola conectados mediante Bluetooth, pero os trebellos como o Blackbone One teñen como grande vantaxe ao conectarse fisicamente o móbil, reducindo así a súa latencia. Este novo produto tamén inclúe conector para auriculares con ou sen micrófono e un porto Ligthning para poder pasar carga directamente ao móbil.

Vídeo promocional do novo accesorio para iPhone

PUBLICIDADE