Novo dron para profesionais do vÃdeo de DJI
martes, 13 de maio do 2025
DJI, lÃder mundial en drons civÃs e tecnoloxÃa de cámaras, vén de presentar o seu Mavic 4 Pro, un dispositivo que redefine os estándares da filmación aérea profesional, grazas principalmente á incorporación dun sensor Hasselblad de 100 MpÃxeles, un sistema de cámaras triplo e un revolucionario gimbal Infinity con rotación de 360 graos, ademais dunha autonomÃa de ata 51 minutos de voo e transmisión de vÃdeo en alta definición a 30 quilómetros de distancia.
Este novo dron inclúe tres cámaras cunha cobertura focal que vai dos 28 mm aos 168 mm, o que permite capturar tanto grandes paisaxes como primeiros planos telefoto de gran detalle. A cámara principal, equipada cun sensor CMOS 4/3, é capaz de gravar vÃdeo en 6K a 60 fotogramas por segundo, mentres que as outras dúas alcanzan 4K con diferentes opcións de frecuencia e rango dinámico.
Unha das innovacións máis destacadas é o gimbal de rotación total, que ofrece á cámara liberdade completa para explorar novos ángulos, incluÃdas tomas de 70 graos cara arriba ou efectos cinematográficos como os coñecidos planos inclinados (Dutch angles). Esta flexibilidade permite un enfoque creativo nunca antes visto nun dron da compañÃa.
En termos de seguridade e rendemento, o Mavic 4 Pro incorpora sensores de visión fisheye adaptados para condicións de baixa luz, capaces de detectar obstáculos en todas as direccións a velocidades de ata 18 metros por segundo. Grazas á súa tecnoloxÃa de posicionamento visual en tempo real, tamén é quen de memorizar rutas de voo e regresar á base mesmo sen conexión GPS.
A capacidade de seguimento intelixente ActiveTrack 360°, mellorada para escenarios de pouca luz, permite ao dron manter o enfoque sobre un suxeito aÃnda que quede parcialmente oculto por obstáculos. Esta función tamén recoñece vehÃculos ata a 200 metros de distancia, facilitando filmacións cinematográficas de automoción.
No apartado técnico, o deseño aerodinámico, o novo sistema de propulsión e a baterÃa de 95 Wh permÃtenlle alcanzar velocidades de ata 90 km/h e coberturas de 41 km por voo. O sistema de transmisión DJI O4+, baseado en algoritmos de última xeración, garante vÃdeo HDR de 10 bits sen cortes, mesmo en zonas urbanas con moitas interferencias.
Como complemento, o novo controlador RC Pro 2 inclúe unha pantalla Mini-LED de 7 polgadas, almacenamento interno de 128 GB, gravación de son integrada e conectividade HDMI. A súa pantalla xiratoria facilita gravacións verticais e a súa baterÃa ofrece ata 4 horas de autonomÃa.
A compañÃa tamén lanzou unha estación de carga que permite cargar tres baterÃas á vez de forma eficiente en 90 minutos, e mesmo funciona como banco de enerxÃa de 100 watts para alimentar dispositivos. Para facilitar o acceso aos contidos, o Mavic 4 Pro conta cun módulo de almacenamento interno de 64 GB, ampliable ata 512 GB na versión Creator Combo.
A transferencia de arquivos tamén se simplifica grazas á función QuickTransfer a través de Wi-Fi 6, que permite enviar contidos a unha velocidade de ata 80 MB/s sen necesidade de sacar o dron da mochila ou acendelo.
O DJI Mavic 4 Pro está dispoñible cun mando DJI RC 2 a un prezo de 2.099 euros, aÃnda que tamén pode adquirirse en lotes máis completos como o Pack para Creadores, que inclúe tamén o mando DJI RC Pro 2, tres baterÃas e o seu centro de carga por 3.539 euros.
Dado que DJI parece ser unha das compañÃas máis afectadas polos aranceis nos EE.UU., aseguran que non porán o produto á venda en tal mercado, o que non impide que xa haxa bastantes establecementos estadounidenses que se animen a ofrecelo pola súa conta e risco. Haberá que ver como evoluciona a situación, pero semella que, pese a relaxación das tensións entre China e EE.UU., os atrancos que se poñen ás diferentes marcas chinesas é desigual, e no caso de DJI as autoridades estadounidenses son especialmente reticentes, xa que consideran que o dominio de China no mercado dos drons é unha seria ameaza.
VÃdeo promocional do DJI Mavic 4 Pro