Novo disco duro externo ideal para equipos de Apple
xoves, 4 de agosto do 2011- O Iomega Mac Companion Hard Drive pode colocarse na base dun iMac sen sacrificar a súa estética.
Coa
vista posta nos ordenadores de Apple Iomega incorpora ao seu catálogo de discos
duros externos o Iomega
Mac Companion Hard Drive, unha unidade que véndese en capacidades de 2 e 3
Tbytes a 219 e 329 euros respectivamente e que conta con conectividade FireWire
800 e USB 2.0. AÃnda que pode funcionar nun PC, este disco duro externo vén
preformatado en HFS+ e as súas dimensións e deseño fan que encaixe á perfección
na base do iMac, podendo tamén facer de concentrador USB 2.0 (inclúe un par de
portos deste tipo para conectar outros dispositivos externos dun xeito cómodo,
que mesmo poden servir para cargar/sincronizar dispositivos como o iPad ou o
iPhone).
O disco duro Iomega Mac Companion é de 3,5 polgadas a 7.200 rpm, ten 2 portos
FireWire a 800 Mbps e USB 2.0 a 480 Mbps, e inclúe software para facilitar a
realización de copias de seguridade.