Novo disco duro externo de 6 Tb con alta conectividade
xoves, 17 de marzo do 2011- O disco é compatible tanto con Windows como con Mac OS X
Western
Digital incorpora ao seu catálogo o completo disco duro externo My Book Studio
Edition II, que véndese en
capacidades de ata 6 Tbytes e conta con interfaces eSATA, USB 2.0 e
FireWire 400/800, destacando por ser compatible con Time Machine en equipos con
Mac OS X, sendo tamén compatible con Windows Vista/7 (baixo Windows XP só
funcionarÃa o modelo de 2 Tb, posto que os discos duros de maior tamaño non
están soportados por tal sistema operativo).
Para poder conseguir unha capacidade de 6 Tb este dispositivo integra no seu
interior 2 discos duros de 3 Tb, que poden configurarse para funcionar como un
único disco de grande tamaño ou como unha unidade de alta seguridade ao almacenar
os contidos por duplicado, contando tamén con métodos RAID
alternativos (RAID 5 e RAID 10 ou 1+0).
No tocante aos prezos, os modelos de 2 e 4 Tb véndense a 239 e 449 euros
respectivamente, mentres que o modelo de 6 Tb aÃnda non ten prezo oficial en
España, aÃnda que ao venderse por 549,99 dólares nos EE.UU. podemos entender
que a España chegará a uns 539 euros.
- Para chegar aos 6 Tb incorpora 2 discos duros de 3 Tb no seu interior